A 4ª concentración de Escolas de Rugby de Galicia reúne en Ourense a máis de 400 deportistas
O evento, presentado hoxe na Deputación, celebra tamén este sábado día 11 de xaneiro, no campo de Oira a partir das 11:00 horas, o 1º Torneo Ourense a Provincia Termal de Rugby

A 4ª concetración de Escolas de Rugby de Galicia reúne en Ourense a máis de 400 deportistas / Ourense Rugby

Ourense
Máis de 400 xóvenes deportistas de diferentes puntos de Galicia danse cita este sábado, a partir das 11:00 horas, na 4ª Concentración de Escolas da Federación Galega de Rugby e no 1º Torneo Ourense, a Provincia Termal, probas coas que colabora a Deputación de Ourense e que se disputarán no Campo de Oira, unha concentración escolar na que participarán nenos e mozos das categorías Sub 6,8, 10 e 12.
David Monreal, director deportivo do Club Rugby Ourense, agradeceu o apoio da Deputación de Ourense ´´ para poder desenvolver este torneo e para que o rugby siga visuazándose na provincia de Ourense´´, Mentres Borja Leyenda, vicepresidente do Club Rurgby Ourense, salientou, ´´ o feito histórico que nesta cuarta edición participen máis de 430 rapaces´´, agradecendo ademais o labor que van realizar voluntarios, técnicos e familiares dos xogadores para que este sábado día 11 de xaneiro este encontro sexa un éxito.