O Consello Municipal de Deportes programou ata 13 eventos deportivos para festexar o Nadal na cidade
Os eventos comezaron co torneo de Nadal de Ximnasia, unha proba consolidada que chega á sua 13ª edición, así como o memorial Enrique Barredo a cargo da asociación Galicia Haidong Gumdo
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/LCQFRGN4MBPVVKAVF4NELVCBBQ.jpg?auth=66deb03a8e220730c48759914498c3107eb04879b8868c7c94a3c462ec8da90f&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
O Consello Municipal de Deportes programou ata 13 eventos deportivos para festexar o Nadal / Consello Municipal de Deportes
![O Consello Municipal de Deportes programou ata 13 eventos deportivos para festexar o Nadal](https://cadenaser.com/resizer/v2/LCQFRGN4MBPVVKAVF4NELVCBBQ.jpg?auth=66deb03a8e220730c48759914498c3107eb04879b8868c7c94a3c462ec8da90f)
Ourense
´´ A actividade deportiva é intensa todo o ano en Ourense, e na época do Nadal sempre redrobamos os esforzos para convertela nun aliciente e un atractivo fundamental dentro da programación navideña da cidade, compatibilizándoa coas importantísimas obras que se están a desenvolver no Pavillón dos Remedios,´´ sinala o concelleiro de Deportes Mario Guede.
O Consello Municipal de Deportes programou ata 13 eventos deportivos de gran dimensión e repercusión para festexar o Nadal na cidade de Ourense.
O venres día 3 de xaneiro, o fútbol retomará o protagonismo no Polideportivo de Oira da man do Memorial Patelo. Ao día seguinte, o sábado 4 de xaneiro, e tamén en Oira, terá lugar o Campionato Galego Sénior Feminino de Hockei Sala.
Outras dúas probas deportivas que se celebrarán ese día serán o Torneo de Reis Secundino Basalo no Polideportivo da Carballeira, así como o Torneo de Nadal de Fútbol Prebenxamin no Pavillón dos Remedios.