Os nomes da terra
Toponimízate indaga na orixe dos topónimos galegos
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/IWI7MDD4MROE7OZGV3D27LU5TM.jpg?auth=29dfc520d4a06cbbd5ef4698098a0c011b6f1faebaf256609a78a08a84ada93b&quality=70&width=650&height=365&smart=true)
Cartel de Toponimízate en Vilalba / RAG
![Cartel de Toponimízate en Vilalba](https://cadenaser.com/resizer/v2/IWI7MDD4MROE7OZGV3D27LU5TM.jpg?auth=29dfc520d4a06cbbd5ef4698098a0c011b6f1faebaf256609a78a08a84ada93b)
Galicia
Toponimízate é unha campaña coordinada pola Real Academia Galega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e enmárcase dentro dos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad que coordina a Xunta de Galicia.
Mediante visitas a varios concellos, o obxectivo é achegarlle á cidadanía valiosa información sobre a historia do galego falado na súa contorna e sobre os modos de vida dos seus antepasados, os feitos hisóricos que foron relevantes para eles e as características da paisaxe no momento en que se bautizou con ese nome.
Alén de profundar nos nomes dos lugares habitados, as persoas asistentes tamén poden coñecer nestas citas a aplicación colaborativa que lles permitirá participar na preservación e difusión da microtoponimia a través da xeolocalización, unha aplicación que será unha realidade antes de fin de ano.
Vicente Feijoo, especialista en toponimia e membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, estivo estes días en Folgoso do Courel, falando da orixe de nomes como Folgoso, Seoane, Piñeira, Souto da Reboleira, O Rego, A Veiga… Moitos dos nomes cos que se coñecen os lugares son microtopónimos, aqueles nomes dados ás terras, regatos, fontes, pedras, camiños, árbores... A maioría deses nomes non aparecen nos mapas nin nos carteis das estradas, mantéñense na memoria dos nosos maiores, polo que estarán en perigo de extinción cando desaparezan quen os coñecen e usan. Hoxe falamos en Hoy por Hoy con Vicente Feijoo.