Deportes
XIMNASIA

Destacada participación dos ximnastas ourensáns no campionato do mundo por idades de trampolín en Tokio

Lucas Domuro Arias e Nicolás Cid Rancaño entran en finais co se exercicio de sincronismo na categoria de 17 a 21 anos situándose no 5º posto da clasificación

Nove ximnastas do Club Ximnasia Pavillón Ourense foron seleccionados pola Real Federación Española de Gimnasia para representar a España no recente Campionato do Mundo en Tokio / Club Ximnasia Pavillón Ourense

Nove ximnastas do Club Ximnasia Pavillón Ourense foron seleccionados pola Real Federación Española de Gimnasia para representar a España no recente Campionato do Mundo en Tokio

Ourense

Nove ximnastas do Club Ximnasia Pavillón Ourense foron seleccionados pola Real Federación Española de Gimnasia para representar a España no recente Campionato do Mundo por Idades que se celebrou en Tokio entre os días 5 e 8 de decembro.

Catro días intensos despois dunha longa viaxe ate chegar a Tokio onde unha diferencia horaria de oito horas precisa de certo tempo de aclimatación hararia.

A delegación española competía no Centro Gimnsático Arike construído para albergar a ximnasia nas Olimpiadas de Tokio 2020.

Os ximnastas ourensáns non deufraudaron: Hugo Vila Pérez (categoría 13-14 anos) para quen era o seu primeiro campionato do mundo conseguiu situarse na metade da tabla en trampolín individual, sendo o español mellor situado neste aparato; esta categoría estivo dominada por Gran Bretaña, Rusia, Japón, USA e a veciña Portugal.

O mesmo Hugo Vila xunto co seu compañeiro Hugo Rodríguez Pérez acadaron o posto 14 en sincronismo. Na categoría 15-16 anos. Alejandra Braña Barreiros xunto coa súa compañeira Desiree Vlero Prats quedaron en 9ª posición, as portas da final detrás de Bielorrusia, Rusia, Gran Bretaña, Georgia e Alemania, sendo de novo as españolas mellor situadas.

Xa na categoría 17-21 anos, Noa Puente-Dodd Álvarez quedou no primeiro tercio da tabla cuns brillantes exercicios no Trampolín individual, sendo ela tamén a española mellor posicionada;  esta categoría estivo de novo dominada por Rusia, Japón, USA, Gran Bretaña e Alemania. E xa na última xornada do Campionato Pedro Castaño Garrido (11-12) despois de dous acertados pases no Trampolín individual situou na 15ª posición. E a competición finalizou coa entrada en finais da parella formada por Lucas Domuro Arias e Nicolás Cid Rancaño que despois dunha emocionante preliminar fixeron vibrar as gradas españolas nunha dura final quedando finalmente 5º do mundo despois de Francia, USA, Alemania e Rusia.

Ano a ano os participantes do Club consiguen manter unha notable presencia na delegación española e escalan pouco a pouco posicións no aparato olímpico ao que lle adican os máximos esforzos. O traballo e o sacrificio dos e das ximnastas así como dos seus adestradores, Ada Pazos Sánchez- Rubio e Iago Covela Iglesias vense así recompensados nunha competición onde predominou o traballo ben feito.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00