Manu Barreiro analiza o Lugo-Depor do deste domingo
O albivermello é consciente da importancia do xogo, agarda un partido sano, pero con "trifulca"
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/P4UZJHGVXZJXBMCMEG7JLLNLAA.jpg?auth=13f78a807a0ae937bb6ba95bd93829fcfe533d2aad1c28bd712d011ebca7933f&quality=70&width=650&height=365&smart=true)
Barreiro en rolda de prensa / CD LUGO
![Barreiro en rolda de prensa](https://cadenaser.com/resizer/v2/P4UZJHGVXZJXBMCMEG7JLLNLAA.jpg?auth=13f78a807a0ae937bb6ba95bd93829fcfe533d2aad1c28bd712d011ebca7933f)
Lugo
Hai partidos e hai partidazos. Este domingo o Anxo Carro acolle a gran festa do fútbol galego. O CD Lugo e o RC Deportivo da Coruña reencontrase unha tempada máis sobre o verde. Inmersos en dúas realidades ben dispares, o ambiente de derbi xa se palpa no vestiario.
Analizaba o partido entre albivermellos e branquiazuis Manu Barreiro. O dianteiro analiza o encontro coma un partido entre "rivais directos" pese a que o plantel herculino non se confeccionnou "para estar nesta situación".
Como a experiencia é un grao, Barreiro experimentou a apsada tempad aunha situación similar. "No Nástic eu vivino. Cada golpe, cada gol que encaixabas er aun mazazo". Por iso, o compostelán ten claro o que hai que facer se non queren sufrír máis da conta o domingo:"Temos que saír cas ideas claras, a dominar e intentar adiantarnos no marcador o antes posible. Se marcamos nos primeiros quince minutos temos moito feito. A eles os mermas e aumentaremos confianza".
Pese a ocuparen a 15ª posición da táboa, o albivermello é consciente de que o xogo non está a gustar o afeccionado. Con todo, cre que "non hai que darlle máis voltas o tema" e que pese a non estaren "moi finos co balón, o equipo ten outros recursos que aproveitar".
Manu Barreiro fala sobre o xogo do equipo
00:25
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Sobre o verde espera ver un partido sano e sen moito lío, ainda que "trifulca haberá, porque é un Derbi e porque hai moito en xogo". As entradas xa están a venda nas oficinas do Anxo Carro e tamén online. O clube informaba nas súas rfedes sociais de que os problemas doa páxina web estaban solventados.
00:00
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo