Cantas veces se asinaron as táboas no derbi en Segunda?
Sorteamos un balón asinado por todo o plantel albivermello
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/B3IIUBQNYVIDZAUFXDBVGPJAAU.jpg?auth=7df8c93a25d9c98ac6467d1c25a28750b716d1bb46c100a87c5b908037d7bce9&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Balón asinado polo plantel albivermello / RADIO LUGO
![Balón asinado polo plantel albivermello](https://cadenaser.com/resizer/v2/B3IIUBQNYVIDZAUFXDBVGPJAAU.jpg?auth=7df8c93a25d9c98ac6467d1c25a28750b716d1bb46c100a87c5b908037d7bce9)
Lugo
A festa do fútbol galego regresa ó Anxo Carro unha tempada máis. Lucenses e herculinos medirán, por terceira tempada, as súas forzas ás beiras do río Miño. O derbi xa se sinte, as cidades xa vibran coa emoción dun encontro entre veciños no fútbol profesional.
Inmersos en dúas realidades ben dispares, o CD Lugo na décimo quinta posición da táboa e o RC Deportivo coma colista, reencontranse sobre o verde dous equipos galegos. Esta será a terceira tempada na que se cruzan ambos conxuntos. Ate o de agora foron catro os encontros nos que se mediron a Muralla e a Torre de Hérculas sobre o terreno de xogo.
Destes catro encontros, en cantos sumaron un punto cada equipo? Participa na nosa enquisa e entrarás no sorteo dun balón asinado polos xogadores albivermellos. Recorda facer RT ó noso chío para quedaren rexistrada a túa participación.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo