O Faiado da Memoria, un lugar para o recordo
![O Faiado da Memoria, un lugar para o recordo](https://cadenaser.com/resizer/v2/7EMOGGBTHBMTJOSUQHQJG32D34.jpg?auth=621268fae93e7b2e8167d632e628c011239728a010db68946dc87e77cd5b1558&quality=70&width=736&height=414&smart=true)
O Faiado da Memoria, un lugar para o recordo
19:39
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Vilagarcía de Arousa
Esta semana no Vermú con Ser visitamos O Faiado da Memoria, ubicado na praza de Ravella en Vilagarcía. Alí somos recibidos por Margarita Teijeiro e Antonio Caeiro, vilagarciáns e protagonistas do noso programa. Nestas instalacións facemos un percorrido polo arquivo principal que garda innumerables fotografías, a maioría en branco e negro, que mostran como foi Vilagarcía, unha cidade en constante evolución.
Antonio e Margarita son os impulsores deste proxecto, creado fai mais dunha década, segue recollendo instantáneas de porta en porta que reflexan emblemáticos rincóns da cidade. Margarita non considera que Vilagarcía mudara de ser un pobo a ser unha cidade. Ten moi bos recordos da súa infancia no barrio de Santa Lucía, actual Avenida da Mariña, a onde antigamente chegaba o mar da ría de Arousa.
A través desta conversa tamén tivemos tempo para lembrar personalidades e anécdotas que nos deixaron algún intre de humor. Preguntámoslle a Margarita pola lenda do túnel de Lobeira da que di que non hai documentos oficiais que contrasten esta historia.
Vermú con Ser, esta semana, no Faiado da Memoria.