Ceas rápidas e saudables
O experto en nutrción deportiva, Isaac Videchao, propón unha chea de alternativas ricas e hipocalóricas

Nas ceas debe abundala proteina / CANVA

Son moitos e moitas ás que aproveitan para practicar deporte cara á tardiña. Antes de durmir suár a camisola axuda a telo sono coma o dun cativo, pero hai algo que o pode complicar: A cea. A escasez de tempo, mesturada coas poucas ganas de cociñar e a unha fame feroz pódenos levar a tirar pola borda todo o sacrifio realizado ó longo do adestramento.
"Ás veces a xente opta por pratos precociñados, por unha pizza ou comidas deste estilo por falta de tempo de sobre todo de gañas de cociñar", asegura o experto en nutrición deportiva, Isaac Videchao. Por iso hoxe traemos unha chea de propostas ricas, rápidas e saudables.
Revoltos, tortilla francesa, ensaladas ou pescado. As nosas cenas deberían ter a un destes alimentos coma protagonistas."Temos que ter sempre en conta a actividade que imos realizar ó día seguinte. É dicir, se unha persoa ven de realizar un adestrameto intenso e ó día seguinte vai ter que adestrar de novo pode optar por unha cea máis copiosa que contase con carbohidratos coma un pouco de arroz".
Moi importante, tmén, ter en conta a mestura de alimentos que vemos no prato. Moitas veces, e sen decatarnos, cometemos certas imprudencias alimenticias que nos remetan pasando factura e non son efectivas."Mesturar proteinas de difente procedencia, por exmeplo mesturar ovo e carne de terneira vai facer que se ralentice a nosa dixestión e ter certa sensación de pesadez ó ir para cama que nos pode incomodar e que ademais non imos facilitar a absorción correcta de nutrintes".
Non quedes coas ganas e dalle ó play!
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo