Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Lalo, sobre a expulsión de Rojo: "Non estaba integrado no equipo de goberno"

Concello de Corcubión

Pese a ser o concello máis pequeno de toda a bisbarra, Corcubión leva uns días centrando a actualidade política. Todo comezou cunha reunión que mantiveron o pasado 18 de outubro, no concello de Cee, a alcaldesa Lamela, o xefe de demarcación de Costas, Rafael Emil, e dous representantes do goberno corcubionés (Pepe Louro e Manuela Fernández). Alí un dos asuntos centrais, foi a posibilidade de unir nun futuro o paseo marítimo das dúas vilas.

O alcalde Lalo Ínsua, elixiu aos dous membros socialistas do goberno para acudir e José Ramón Rojo, único concelleiro do Partido Autónomo de Corcubión e responsable de obras e servizos, nin se enterou. A partir de entón, o líder do PACOR apareceu en diversos medios denunciando a falta de coordinación que tiñan no goberno e a pouca relevancia ca que valoraban o seu cargo.

Todo iso causou que este luns pola tarde, o grupo socialista emitise un comunicado anunciando a retirada de competencias a Rojo polas distintas "desavenencias nos medios de comunicación" nas que chegou a ameazar cunha posible moción de censura. No H14 Nordés, o rexidor Lalo Ínsua, negou que non se valorase o traballo de Rojo e destacou que "Ía un pouco por libre, non estaba integrado no equipo de goberno".

Agora, o PSOE quédase con tres edís nun concello no que BNG e Sempre Corcubión se poderían xuntar co PACOR para obter a maioría absoluta. Haberá que esperar.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir