Inmensa Guadi Galego e compañía
A artista cedeiresa acaba de publicar un novo traballo, IMMERSION, no que que reinterpreta once das súas cancións máis queridas polo público coa complicidade de máis dunha decena de artistas
IMMERSION é un disco arriscado, así o recoñece Guadi Galego, no que revisa algunha das súas cancións de máis éxito dos seus tres últimos traballos. Faino en comunión con Álex Ínsua, Judit Neddermann, Clara Peya, Vega, Germán Díaz, Iván Ferreiro, Silvia Quesada, Alidé Sans, Lisandro Aristimuño, Mikel Urdangarín, Andrés Suárez, Ama Bacalhau, Sister In The House e Xabier Díaz.
Unha reinterpretación na que emprega sete linguas para navegar no eido das emocións e os territorios. O traballo acaba de sair a venta e nuns días comezará a xira de concertos.
Datas:
15 de novembro en Santiago, 16 en Vigo, 22 en Vilalba, 28 en Ourense, 13 de decembro en A Coruña, 22 en Madrid e 29 en Cedeira.