Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Carballo

Piden 10 anos de prisión para o acusado de abusar sexualmente da súa filla

La Guardia Civil mantiene abierta la investigación sobre supuesto asesinato machista en La Zubia (Granada) / GUARDIA CIVIL-ARCHIVO (EUROPA PRESS)

La Guardia Civil mantiene abierta la investigación sobre supuesto asesinato machista en La Zubia (Granada)

No xuízo, que se celebrará este mércores e xoves na sección segunda da Audiencia Provincial de A Coruña, a fiscalía perdirá, para o pai e presunto agresor, dez anos de prisión e outros dez de liberdade vixiada, unha orde a afastamento de mínimo 500 metros da nena e dos seus irmáns, a prohibición de comunicarse con eles durante vinte anos e unha multa económica de seis euros diarios durante tres meses.

A nai e a avoa da nena de 13 anos tamén foron acusadas e poderán entrar en prisión, xa que según o fiscal coñecían os feitos e permitiron que se repetisen. Entre os ataques, que comezaron supostamente en 2013 e remataron en 2016, relátase no auto que o pai obligaba a filla a que lle fixese tocamentos, a penetraba e lle causou danos físicos en varias ocasións. Durante estas agresións o home ameazaba a nena dicindo que a mataría se contaba algo, relata o texto.

No documento do fiscal asegurase que a menor sufre un dano psicolóxico de evolución de momento impredecible, xa que ten dificultade para dormir e conductas heteroagresivas.

As penas as que se enfrontarán nai e avoa son semellantes as do pai. Para a proxenitora, que padece unha discapacidade intelectual leve e unha adicción ao alcohol, pídense máis de dous anos de prisión, a mesma orde de afastamento que o pai, e a prohibición de comunicarse cos fillos durante 5 anos. Máis anos lle caerían a abuela, nai do presunto agresor, para a que a fiscalía pide máis de 9 anos e as mesmas condicións que ao seu fillo.

Ademais, os acusados deberán indemnizar á menor por dano moral e físico con 20.000 €. Unha nena que xa foi adoptada por outra familia no 2017 e non está en contacto con ningún dos implicados.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00