Deportes
CICLISMO

Xunqueira de Espadanedo mestura paisaxe, espectáculo e deporte no Campionato de Galicia de descenso BTT

Nun espectacular circuíto, segundo organizadores e corredores, e coa presenza de especialistas de primeiro nivel o domingo día 6 decidiranse os campións galegos desta modalidade e da Copa Galicia

O Concello de Xunqueira de Espadanedo será este fin de semana, o punto de atención dos afeccionados ao ciclismo de montaña coa celebración do Campionato de Galicia de Descenso BTT / Deputación Provincial de Ourense

O Concello de Xunqueira de Espadanedo será este fin de semana, o punto de atención dos afeccionados ao ciclismo de montaña coa celebración do Campionato de Galicia de Descenso BTT

Ourense

Como novidade, o sábado, día 5, os afeccionados poderán realizar rutas polo concello para probar bicicletas eléctricas e asistir a un concurso de saltos no que participarán corredores do ´´ Marisquiño´´ coas súas espectaculares acrobacias.

Os representantes do Club Ciclista de Maceda e da Federación Galega de Ciclismo destacaron que se trata da proba máis importante do ano en Galicia, que decidirá non só os campións galegos senón tamén da Copa Galicia.

Ademais, nesta edición incorpórase unha novidade para que esta proba non se quede nunha carreira. Así, o sábado día 5, os afeccionados que o desexen poderán realizar rutas polo Concello para probar bicicletas eléctricas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00