O Sergas reforza centros de saúde da comarca con oito profesionais
A incorporación de profesionais forma parte do Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021 da Xunta

Un médico de familia / Xunta de Galicia

A Coruña
A área sanitaria da Coruña ampliará o seu persoal con oito novos profesionais a partir do 1 de outubro. Os centros do Ventorrillo, O Portádego e Santa Cruz contarán cun novo médico de familia.
Catro profesionais de enfermería pasarán a formar parte do equipo sanitario do Ventorrillo, Matogrande, A Covada, e Culleredo. O centro de saúde de Vilarrodís, en Arteixo, contará cun novo fisioterapeuta. A incorporación de profesionais forma parte do Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021 da Xunta.