Aprobada por unanimidade a moción para un servizo de pediatría digno

Concello de Zas

O Concello de Zas vén de acordar, mediante o pleno celebrado este xoves, unha moción pedindo ao Sergas, un servizo de pediatría digno para a localidade. A solicitude contempla a volta das 35 horas semanais de atención pediatra e a cobertura de baixas de todo tipo. O asunto foi aprobado por unanimidade.
Da mesma forma foi tamén aprobado o outro dos temas principais que se levaban a debate, a urbanización da plaza de Baio. Finalmente, tamén quedou aprobado un proxecto que custará, en total, 384.236'14 €. O concello investirá 101.097'11 € e a Deputación provincial encargarase do resto.
Ademais, o goberno que rixe Lolo Muíño deberá crear un Plan Económico Financiero despois de incumplir o réxime de gastos nos orzamentos do 2018. Algo que o alcalde non entende. "Non significa que gastasemos máis do que temos, é simplemente que gastamos máis que o ano anterior, pero tamén temos máis", declarou en Nordés Hora 14.
Se oficializaron tamén os festivos do ano 2020 que serán o venres 10 de xullo (San Cristóbal), e o xoves 16 do mesmo mes (Virxe do Carmen).