A Mesa pide unha rectificación ao Goberno polos premios Arquímedes
Piden que se rectifiquen as bases e inclúase ao galego como lingua vehicular

A Mesa pola normalización protesta por la exclusión del gallego en los Premios Arquímedes / A Mesa pola Normalización

A Coruña
Hoxe na Coruña houbo concentración en contra de que o Ministerio de Ciencia só acepte traballos en castelán, e non en galego, para optar aos seus Premios Arquímedes. Foi unha acción convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística, fronte á Delegación do Goberno, na que denuncia que o Estado está a atentar contra os dereitos dos estudantes da comunidade.
Más información
Aseguran que hai varias disposiciónes legais que apoian a súa denuncia. Delegados sindicais da CIG participaron na concentración, tras a cal presentaron un escrito na Delegación do Goberno, pedindo que o Ministerio de Ciencia rectifique nas súas bases e inclúa ao galego como lingua vehicular. Din que é unha convocatoria que pagamos todos os españois.
Marcos Maceiras, Presidente de la Mesa pola Normalización Lingüística
00:23
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Sinalan que o Ministerio xustifica a súa negativa na lei de procedemento administrativo pola cal os temas burocráticos deben ir en castelán. Os premios Arquímedes premian os mellores traballos de fin de grao e doutoramento con ata 7.000 euros.