Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Fisterra

Máis de 130 hectáreas queimadas en Mallas no incendio máis grande do 2019

Cadena SER

Sobre a unha da madrugada do venres, os veciños de Mallas (Fisterra) comezaban a denunciar a presencia dun importante foco de incendio no monte que os rodea. Dende esa hora, o número de medios alí dispostos para intentar sofocalo non pararon de crecer.

Aínda así, ás 15:00, a Xunta de Galicia informaba de que xa eran arredor de 120 hectáreas as queimadas na parroquia fisterrá. O perigo estivo sobre todo en Vigo de Mallas e en Rial, onde o lume chegou a estar moi preto das casas.

A boa nova foi que xa pasado o mediodía, parece que os catro axentes, doce brigadas, dous pas, seis helicópteros e catro avións puideron asegurar o perímetro e controlar o paso do lume. Non obstante, o 112 avisou a última hora da mañá dunha nova alerta amarela por ventos do nordés de forza 7 entre Vilán e Fisterra, polo que a situación podería variar en calquera momento.

Por sorte, dende a noite do venres, as distintas brigadas puideron controlalo e acabarón extinguindoo xa na tarde do domingo. Ao final, máis de 130 hectáreas queimadas no que supuxo o incendio máis grande do 2019 na Costa da Morte.



 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00