Deportes
CICLISMO

Dous percorridos de 62 e 42 quilómetros na XI Marcha BTT de Monterrei

A Deputación de Ourense colabora con esta proba deportiva que se celebrará o vindeiro domingo 1 de setembro

Dous percorridos de 62 e 42 quilómetros, na XI Marcha BTT de Monterrei / Deputación Provincial de Ourense

Dous percorridos de 62 e 42 quilómetros, na XI Marcha BTT de Monterrei

Ourense

A XI Marcha BTT de Monterrei ofrecerá aos participantes, o vindeiro domingo, 1 de setembro dous posibles percorridos de 62 e 42 quilómetros, de dificultade media-alta e dificultade media, respectivamente. A presentación desta proba deportiva tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, o coordinador da proba, Diego Matías e o presidente do Club BTT de Verín, Kiko Calviño.

A proba percorrerá  pistas veciñais e camiños rurais de diferentes localidaes do municipio. Ambas rutas solápanse durante unha parte do percorrido que pasa tamén polos os municipios de Oimbra, Verín e Portugal¨, sinalou Diego Matías, que explicou que as rutas están deseñadas para ¨poñer en valor os recursos culturais e naturais do concello e da comarca ¨ A saida será as 9:30 horas da mañá, do domingo día 1 de setembro.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00