Preocupación no comité polo que supón a cancelación do leasing
A Xunta de Galicia vén de autorizar a cancelación do Leasing das fábricas de Ferroatlántica, o que favorece a súa máis que posible venda. Dende o comité da empresa, indicaron que están moi molestos ca decisión do ente autonómico debido a que o goberno actuou sen exisir un plan de viabilidade, algo que lles aseguraron que farían.
Por iso, dende ese comité, integrado na súa maioría por membros da CIG e Independentes, valoran agora volver a mobilizarse en busca dunha solución. Ademais, tamén critican, que pese as reunións mantidas nos últimos meses e ao acordo de manter informadas a todas as partes, a Xunta non lles notificou nada ao respecto da súa última decisión.
Aseguran tamén, que a cancelación do leasing acelera o proceso de venda. Alfonso Mouzo, voceiro da CIG dentro dese comité de empresa de Ferroatlántica, advertiu dos perigos en Nordés H14: " Non estamos en contra da venda, simplemente pedimos as máximas garantías, non pode ser que cancelen o leasing sen ter un plan de futuro".
Se a resposta ao informe xurídico presentado na Universidade da Coruña, e a outros escritos dirixidos a Concellería de Industria, non chega nos próximos días, o comité decidirá as accións a tomar.