Sociedad | Actualidad
XADREZ

Iván Salgado seleccionado para a Eurocopa de Nacións de Xeorxia

O gran mestre ourensán, Iván Salgado, foi seleccionado para formar parte do equipo nacional español para participar na Eurocopa de Nacións

Iván acaba de rematar unha positiva participación no Iberoamericano individual, non coñoceu a derrota nas 9 partidas disputadas e na que rematou empatado ao 5º posto entre 103 participantes de 17 países / Club Xadrez Ourense

Iván acaba de rematar unha positiva participación no Iberoamericano individual, non coñoceu a derrota nas 9 partidas disputadas e na que rematou empatado ao 5º posto entre 103 participantes de 17 países

Ourense

O gran mestre do Club Xadrez Ourense, Iván Salgado López, foi seleccionado esta semana por o seleccionador nacional, o catalan Jordi Magem Badals, como compoñente do quinteto nacional español que viaxará a Batumi (Xeorxia) para tomar parte na Eurocopa de Nacións que terá lugar entre o 23 de octubro e o 3 de novembro, representando a España.

O equipo español estará composto por cinco xadrecistas de recoñocido prestixio e traxetoria no noso país, como son o actual nº 1 do xadrez nacional, o balear Paco Vallejo, o madrileño David Antón, o Letón de nacemento e nacionalizado español Alexei Shírov, o extremeño Manuel Candelario e o ourensán Iván Salgado, todos eles Grandes Mestres.

Iván Salgado, acaba de rematar unha positiva actuación no Iberoamericano individual o pasado domingo día 18, competición na que non coñeceu a derrota nas 9 partidas disputadas e na que rematou empatado ao 5º posto de entre 103 participantes de 17 países.

Antes da Liga Nacional de Clubs de 1ª División que dará comenzo o luns día 26 en Linares, e na que por primeira vez na historia teremos a un conxunto ourensán (tamén máximo representante de Galicia a nivel nacional), Iván Salgado disputará an Linares os Campionatos de España das espectaculares modalidades de ¨xadrez relámpago¨ e xadrez rápido, os días 23 e 24.

Nestas modalidades teremos máis representación dos axedrecistas dos clubs ourensáns xa que tamén tomarán parte a compañeira de equipo de Iván no Xdrez Ourense, Yudania Hernández, e tamén a recente incorporación do Club Xadrez Verín, o Gran Mestre, David Lariño.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00