Álex López, a guinda da medular albivermella
Agora a secretaría técnica está inmersa na sintura de novos reforzos para a defensa e os extremos

Álex López no seu primeiro adestrament / CD LUGO

Lugo
A medular do equipo amurallado queda máis que refrozada. Álex López é a guinda que lle faltaba o pastel albivermello. "Álex ven coa ilusión de medrar e de marcar unha época que, agardemos, comece aquí", dicía Manolo Mandía na presentación oficial do xogador.
Pese a estaren moi demandado por outros equipos da categoría, o de Terrassa asegura que unha conversa co míster, Eloy Jiménez, foi o que terminou por inclinar a balanza cara ó clube galego."Me gustó la sinceridad del entrendor, que para mi es es algo muy importante, y también la idea de juego. Desde pequeño estoy acostumbrado a tocar balón y he visto como juegan y su estilo me gusta", asegura.
Defínese coma"más bien un ocho"
Tra-la primiera sesión de adestramento en sintonía co equipo, móstrase ilusionado e con fame de coñecer a División de Prata dende dentro. "Sé que es una Liga muy competitiva y vengo a darlo todo", subliña.
Unha vez pechada a medular amurallada, a secretaría técnica traballa en reforzar, o antes posible, a posición de central e extremo. "Hai conversas e penso que pronto se pecharán acordos, se non se torce nada", advirte Mandiá
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo