OS VECIÑOS PIDENLLE AO CONCELLO UNHA SOLUCIÓN PARA CATRO PROBLEMAS
A asociación de veciños "Costa da Morte" de Fisterra vén de reailizar catro peticións ao goberno municipal por distintas carencias ou perigos que observan no pobo.
A primeira é que se proceda a redistribución dos dépositos de lixo colocados na rúa Forte Vella debido a que os propietarios da zona estanse queixando dos cheiros.
A rehabilitación do polideportivo da localidade é outra das peticións. Unha instalación que foi inaugurada en xaneiro de 1993 e que ten varios elementos en estado de deterioro. Especialmente preocupante é o caso da cuberta, que alerta aos veciños por motivos de seguridade
Tamén en abandono denuncian que se encontra a varanda metálica e os farois do paseo marítimo de Corveiro, para o que destacan que derbería haber un mantemento periódico por parte do goberno.
Por último, critican tamén a presencia de cans e outros animais nalgunhas plaias fisterrás. Por iso, queren que o concello fixe carteis para aclarar en cales está permitida a súa presenza.