Hora 14 LugoHora 14 Lugo
Actualidad
Violencia género

Si Hai Saída constata que se producen "numerosos" quebrantamentos das ordes de afastamento

O colectivo alerta "da máis que alarmante evidencia de que algo non está funcionando de xeito correcto"

Minuto de silencio frente al Concello de Lugo / Cadena Ser

Lugo

A Asociación Si Hai Saída emitu un comunicado no que expresa a súa máis enérxica condena ante o crime machista cometido en Vilalba. A presidenta do colectivo, Marta Rodríguez Engroba, alerta "da máis que alarmante evidencia de que algo non está funcionando de xeito correcto, cos letais e irreparables resultados, que, por desgraza, coñecemos cada vez con máis frecuencia".

Rodríguez Engroba constata que son "numerosos os quebrantamentos das ordes de afastamento que se producen" e lamenta "que non sempre son atendidos nin moito menos castigados como tería que ser". Precisamente asegura que hai unha semana, a dúas mulleres que atende o colectivo quebrantáronselles as ordes e non se fixo nada, nin se lles mandou unha patrulla policial nin se indagou para ver que sucedera".

"Nunca antes lamentamos tanto ter razón coma nesta ocasión. Non hai nin unha semana que dende a Asociación falamos dos quebrantamentos das ordes de afastamento e a escasa protección que teñen as mulleres ás que se lles conceden. Non se pode consentir que un agresor que ten unha orde de afastamento se achegue á vítima de forma impune", explicou.

Na mesma liña, manda unha mensaxe a todo aquel que poda sospeitar que se está dando unha situación de acoso ou violencia de xénero, que denuncie para que o seguinte paso sexa ofrecer ás vítimas a protección á que teñen dereito.

Sobre esa protección posterior precisou que "a día de hoxe e vendo estes casos que ocorren, non sei se se está protexendo ás vítimas animándoas a que denuncien ou se as estamos expoñendo a un perigo aínda maior, porque se esa muller non está debidamente protexida despois de denunciar, o perigo aumenta".

Marta Rodríguez Engroba, de Si Hai Saída, sobre el crimen de Vilalba

01:10

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1563794883_181330/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Finalmente a presidenta de Si Hai Saída cargou contra aquelas persoas que parece que "so" se preocupan por sair hoxe nas fotos dos minutos de silencio e as concentracións e di tajante que "nin todos os minutos de silencio do mundo nin as concentracións devolven a vida ás mulleres asasinadas nin evitan que os potenciais asasinos actúen".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00