Un centear de gorxas albivermellas berrando no Almendralejo
Hernan Menosse asegura que o CD Lugo buscará unha vitoria para adicallar "a toda una ciudad que está pendiente" do conxunto

Hernán Menosse en rolda de prensa / CD LUGO

Lugo
A afección albivermella rema co equipo. Preto dun centear de seguidores do CD Lugo viaxarán cara ó Almendralejo grazas á iniciativa promovida pola entidade albivermella. O clube anunciaba a mediados de semana a disposición dun autobús e entradas de balde para quen se unira a animar dende as gradas extremeñas ó seu equipo. En poucas horas encheuse o autobús e por iso o clube auncia que se dispoñerá dun vehículo máis amplio que de cabida a todos os demandantes.
En vista desta movilización, tendo en conta á hora á que se xogará o partido ( domingo ás 20:00 horas ), Hernán Menosse teno claro: "Siempre es bueno tener apoyo, fuera de casa también. Van a hacer un esfuerzo y ojalá lo hagamos bien por ellos, por nosotros y por toda una ciudad que estará pendiente".
O uruguayo debutaba na casa vestido de albivermello ante o RC Deportivo da Coruña. Malia que lle houbera gustado poder dispoñer de máis minutos antes, recoñece que o importante é apoiar o equipo, dentro ou fora do verde."El grupo está unido, está fuerte. Me tocó hacer un papel desde fuera y no me importa. LLevo 10 años como profesional y he intentado aportar mi experiencia".
Destaca a boa xeira coa que o equipo amurallado afronta a recta final da competición ainda que non queren cofiarse, pois o Extremadura, na casa, quere garantir matemáticamente a permanencia."Tenemos que preocuparnos de nosotros, de demostrar que somos un buen equipo y sumar 3 puntos fuera de casa que hace tiempo que no lo hacemos" .
O CD Lugo podería facerse coa permanencia virtual se a xornada sae tan redonda coma apasada. De perder o Rayo Majadahonda ante o Córdoba e de facerse coa vitoria no Almendralejo, os albivermellos acadarían o obxectivo de xeitovirtual.
Iso si, terán que facelo sen Manu Barreiro que viu o sue quinto cartón amarelo no derbi.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo