Miles de persoas saen á rúa en defensa do galego
Queremos Galego convocou protestas en 14 cidades e vilas de todo o país
Santiago de Compostela
Miles de persoas saíron á rúa en diferentes cidades e vilas este venres en defensa do galego. A manifestación convocada en Santiago por Queremos Galego reuniu a unhas 2.000 persoas para reivindicar máis protección ó idioma propio.
"É un momento no que algúns están alimentando o discurso do odio ó galego, hoxe Galicia di que quere máis galego que nunca", asegurou o presidente de Queremos Galego e da Mesa Pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira. A organización viuse desbordada ante a resposta da cidadanía e cambiou o percorrido. Tiñan pensado rematar na praza do Toural, e finalmente encheuse a praza de Praterías.
"Hai miles de galegos manifestándose neste momento nas principais cidades de Galicia, facendo fronte ás infamias, a manipulación e o discurso do odio do PP, que este días dixo que non quere esixir o galego para o acceso á función pública, o que é o mesmo, prohibir o dereito a ser atendidos en galego na Xunta de Galicia", dixo Maceira.
Durante o percorrido da protesta, escoitáronse cánticos coma "En Galicia, en galego" ou "Galicia só ten futuro en galego". Na manifestación de Santiago participaron os líderes de PSdeG, BNG, Anova e Compostela Aberta.
Ricardo Rodríguez
Director de Contenidos de la Cadena SER en Galicia, donde comenzó su carrera profesional en 2005. Durante...