As ximnastas da selección española participarán no VIII Torneo Internacional Ourense Termal
A Deputación de Ourense co-organiza este evento deportivo no que se darán cita máis de 1.000 deportistas, do 18 ao 19 de abril, no Pazo Paco Paz.
Ourense
As ximnastas da selección española participarán na VIII edición do Torneo Internacional ´´ Ourense a Provincia Termal´´ que do 18 ao 19 de abril citará a máis de 1.000 deportistas de toda España e doutros países, no Pazo dos Deportes Paco Paz.
O sábado día 20 de abril, terá lugar unha Master Class a cargo de Yana Lukonina, adestradora da selección de Rusia no Centro de Preparación Olímpica de Móscu, a ela asitirán preto de 70 participantes.
O evento será retrasmitido en directo a tarvés da canle de Youtube do Club Marusia, o club que organiza este gran evento deportivo.