Os 4 días de Ourense une deporte, termalismo e turismo
Durante catro días, do 18 ao 21 de abril, Baños de Molgas acolle esta iniciativa que organizan a Deputación de Ourense e a Fundación ADO Moure para difundir os valores da práctica deportiva en todas as idades

Presentación da proba Challenge os 4 dias de Ourense, gran premio La Región, do 18 ao 21 de abril, desde Baños de Molgas. / Deputación Provincial de Ourense

Ourense
Deporte, termalismo e turismo, son os elementos principais que conforman a proba ciclista ´´ Challenge´´ los 4 días de Ourense, unha iniciativa que se celebrará entre os días 18 ao 21 de abril no concello de Baños de Molgas, organizada pola Deputación de Ourense- por medio do INORDE-e a Fundación ADO Moure para difundir os valores da práctica deportiva en todas as idades.
Con percorridos que van dos 69 aos 80 quilómetros, a proba conta con etapas de diferentes dificultades, ´´ sendo o máis importante que se trata dun evento deportivo para todos, que contribúe a difundir a riqueza termal, paisxística e natural da provincia, motivo polo cal a Deputación de Ourense apoia esta iniciativa que destaca os valores de saúde, sacrificio e convivencia que tan ben definen ao deporte´´, dixo Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense, na presentación que tivo lugar no Pazo Provincial.