Iriome define coma "primordial" o apoio da afeción no que resta de tempada
O albivermello recoñece a calidade do Osasuna, pero "todos los equipos tienen puntos débiles y les haremos daño"
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/DE7RKVQTWVM2XAVW4PVX3T6DXI.jpg?auth=0d1b04b0a3088a6db1983cd351e31e1818253b8f3e02959483141cfce085db70&quality=70&width=650&height=365&smart=true)
Iriome en rolda de prensa / CD LUGO
![Iriome en rolda de prensa](https://cadenaser.com/resizer/v2/DE7RKVQTWVM2XAVW4PVX3T6DXI.jpg?auth=0d1b04b0a3088a6db1983cd351e31e1818253b8f3e02959483141cfce085db70)
Lugo
"Primordial", así define Iriome González o apoio da afeción para este e os partidos que quedan para pechalo ano. "Para nosotros es una ayuda inmensa el poder contar con nuestra gente en el campo. Es un empuje y una ayuda extra", apunta. Nesa mesma liña camiña a campaña lanzada pola entidade albivermella,"Partamos a gorxa" . A intención da mesma é que "o Anxo Carro sexa un xogador máis". Así, cada socio terá de balde unha entrada para que baixe o estadio amurallado acompañado.
O chicharreño destaca a boa dinámica na que está inmerso o lider da categoría, pero "en esta Segunda División todos los equipos tiene debilidades, sabemos como hacerles daño. No vamos a regalar nada ni a ellos ni a nadie. A la hora de robar, si podemos salir de su presión, podemos hacerles daño" reflexiona.
Sumar unha victoria en casa comeza xa a ser unha necesidade. Polo de agora, os albivermello van facendo os seus deberes paseniñamente. Tras dez xornadas encaixando, ante o Alcorcón racharon a mala xeira, agora toca sumar de tres en tres na casa."Tenía un entrenador que decía que dejando la portería a cero la federación ya te regalaba un punto. Encajar te dificulta más las cosas. Es algo muy importante mantenernos así", di.
Para evitar que o equipo diminúa a súa intensidade no terreo de xogo, Iriome ten claro que a concentración de cada un dos xogadores será fundamental,"del minuto uno al noventa". Para este encontro, os albivermellos poderán contar de novo con Carlos Pita. O capitán non viaxou cara á Alcorcón por acumulación de cartóns, pero xa está a punto para recibilo Osasuna na casa. Quenes non o poderán facer será Seoane, que continúa coa súa recuperación, nin, en principio, Campillo, que volve resentirse do xeonllo.
Sobre José Carlos, o responsable do gran susto da xornada, bromea o terceiro capitán: " Está bien. Ahora está aprendiendo a vocalizar, vocaliza major que antes. Es un tío fuerte y se recuperará rápido".
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo