Monteagudo pide compromiso, sexa cal sexa o futuro de cada albivermello
O CD Lugo viaxará sen dos pirares fundamentais no medio campo: Pita e Seoane

Monteagudo en rolda de prensa / CD LUGO

Lugo
"Ahora hai que ser valentes, o que non queira que se aparte", con esta contundencia marchaba o capitán albivermello, Carlos Pita, do Anxo Carro tras caer ante o Albacete. Unha mensaxe na que pedía compromiso e unión nunha das tempadas máis complicadas para o CD Lugo dende que aterrou na Segunda División.
Agora, o míster, Alberto Monteagudo, afonda nestas verbas: "Tenemos que ser conscientes de la realidad todos. El fútbolista que está cedido, el que acaba contrato o el que ya sabe cuál será su futuro. Esto es de todos. No se puede cargar con un descenso, aunque tengas firmado, esto pesa".
Ve a un vestiario unido e con ganas de revertila situación."Nos falta contundencia. Ser contundentes en las dos áreas. Creamos ocasiones, peligro... si miramos el partido del Cádiz tuvimos opciones para llevárnoslo. Cuando llegue estocambiará" . O poblema? Que as xornadas avanzan e os puntos de diferenza co Extremadura U.D, o rival maís directo do equipo local, non aumentan. E entran as presas.
As cifras, a priori, non favorecen ós lucenses. O AD Alcorcón so perdeu no Santo Domingo en dúas ocasións, mentres que o CD Lugo acumula no seu casilleiro unha única victoria a domicilio. A pesares dos números, as estatísticas están para rompelas. "Es un campo difícil, lo sabemos. Es un equipo que ha empezado muy fuerte en la competición y que ahora no está en su mejor momento. Nosotros queremos dominar el partido, dar un paso hacia adelante y no conceder nada", explica Monteagudo.
Cara esta xornada o medio campo albivermello perde ós seus dous piares fundamentais: Pita e Seoane."Ahora sobre el verde le llega la hora de demostrar lo que llevan tanto tiempo pidiéndome Sergio Gil y Aburjania. Es una posición difícil porque por el medio del campo se juega todo, pero vamos a ser un equipo competitivo", reflexiona.
De facerse cunha victoria no Santo Domingo o CD Lugo podería recuperar a distancia que perdeu co Extremadura UD.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo