Tribunales | Actualidad

Seguen caendo os furtivos

Os gardacostas requisaron máis de 950 quilos de distintas especies en varios puntos da costa e de novo houbo incautacións nas rías de Arousa e Pontevedra

Cadena SER

Vilagarcía de Arousa

Na ría de Arousa rexistráronse varios controis coa incautación tanto de aparellos como de distintas especies. Nun deles, realizado no sur da ría de Arousa, os axentes de Gardacostas confiscaron 84 nasas de madeira e 30 de PVC que estaban sen identificar, así como 15 quilos de polbo e tres quilos de nécora.

Noutro operativo en Meloxo foron aprehendidas 66 nasas, 30 pezas de trasmallos e cinco pezas de miños xunto a máis de oito quilos de cazón, preto de oito quilos de raia, 12 quilos de polbo, case 13 de nécora e máis de 3 quilos de rubio. As artes de pesca estaban sen identificar e as especies foron devoltas ao mar.

Un terceiro control en Arousa, na Illa, supuxo o comiso de 33 nasas para nécora e un viveiro que estaban sen identificar, así como 3,5 quilos de nécora e máis de 4 quilos de centola.

Na ría de Pontevedra os axentes de Gardacostas tamén requisaron 44 nasas para a captura de polbo e 10 quilos deste cefalópodo.

Por outra banda, nun control conxunto de comercialización por estrada realizado na peaxe da AP-9 en Vilaboa entre os gardacostas, a Garda Civil de Tráfico e o Seprona de Pontevedra, os axentes requisaron 40 quilos de berberecho que transportaba un dos vehículos inspeccionados. Este produto foi comisado por carecer de documentación e tería un prezo estimado no mercado de máis de 230 euros.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00