Deportes
CD Lugo

Un punto que non sacia

Lazo ergue ós albivermellos cun doblete ante o Elche CF (2-2)

Lazo no encontro ante o Elche CF / CD LUGO

Lazo no encontro ante o Elche CF

Lugo

O empate ante o Elche CF (2-2) deixa en evidencia os claros escuros que roldan polo vestiario albivermello. Un moi atinado Lazo, con dobrete incluído, evita o triunfo dos de Pacheta no Anxo Carro. Ponse fin así á mala xeira das derrotas e o Lugo suma un punto, malia que non é suficiente. "Se le ha dicho al cuerpo técnico, encajando dos goles por partido no vamos a ninguna parte porque te exige meter tres... en esta Segunda División es impensable", admitía o míster no final do encontro.

O CD Lugo saía o seu campo con ganas de facer del o seu fortín, algo que semella terá que seguir agardando. O obxetivo: Romper a mala dinámica na que estaban inmersos e comezar xa a puntuar para poder coller vantaxe sobre os postos de descenso. Conseguido? A medias. De non poder gañar, alo menos empatar. Si. Pero o problema volve se-lo mesmo ca nas xornadas anteriores: O equipo albivermello non ten a chispa que prendeu Monteagudo cá súa chegada, os erros no plano defensivo e ofensivo seguen a penalizar enormemente o equipo e a porteria a cero comeza semellar un imposible a acadar.

Comezaban os locales sometendo o seu rival durante os primeiros minutos de xogo. Lazo xa avisaba das suas intencións, tras un par de disparos dende a frontal da área, a máis clara chegaba no minuto 10 cando colocaba un centro raso ó que ninguén chegou para acompañalo coiro até o final da malla. O CD Lugo o intentaba. Creaba ocasións de perigo, pero a luz apagábase ó pisaren a área contraria. Cando o partido era do Lugo, malia a importantes desaxustes defensivos e ofensivos, un atinado Alexander González, no minuto 30 de partido, adiantaba ó conxunto visitante no electrónico. 

Regresaban ó verde os de Monteagudo descentrados, as perdas de balón sucedíanse pero no minuto 9 desta segunda parte Lazo desquitábase a espiniña cravada por non teren marcados nos primeiros minutos de xogo e colocaba o 1-1 no marcador cando peor estaban os lucenses. Con todo, a euforia pouco durou no Anxo Carro. Apenas tres minutos de facelo empate, os alicantinos respostaban cun tanto de Qasmi, que volvía poñer entre as cordas os pupilos de Monteagudo.

Cando o ambiente se enrrarecía e as gradas  se enmudecían o salvavidas albivermello volvía aparecer. Lazo mandaba a pelota pola escuadra ben pegadiña ó pau facendo do seu disparo un balón imparable. Cun 2-2 no marcador o Anxo Carro volvía vibrar. Os albivermellos volvían crer e, malia que os alicantinos achuchaban, o certo é que o equipo amurallado tivo ocasións como para sentencialo encontro, a máis clara un cabezazo que se lle escapaba a Josete Malagón. 

Tras sumar este punto, o CD Lugo durme unha xornada máis na décimo oitava posición da División de Prata. Ocupa, logo, a derradeira das posicións que lles darían a permanencia.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00