Seoane: "Malia que veña un golpe, nada de baixalos brazos"
O albivermello incide na necesidade de que o equipo se concentro ó máximo en cada partido para poder escapar dos postos baixos

Seoane en rolda de prensa / CD LUGO

Lugo
Semana importante para repoñer folgos e afrontar o que queda de competición "centrados" no céspede e dando a cara para pelexar por sumar vitorias no casilleiro albivermerllo. Así encara o CD Lugo unha nova semana de traballo antes do encontro ante o Mallorca. O meciocampista, Fernando Seoane, recoñece que non é o mellor xeito de chegaren a estas alturas da cometición, pero "aínda que veñen golpes nada de baixalos brazos ou de agochala cabeza. Toca ser optimistas e camiñar cara a diante".
Unha vez asimilada a derrota ante o Real Zaragoza, Seoane pide "pechalo grifo na parte de atrás. Marcar goles é importante, pero temos que ser máis sólidos en defensa. Non podemos encaixar dous goles por partido porque iso significa ter que marcar catro por encontro e iso é algo innivable", reflexiona.
Sobre o Mallorca destaca o compacto que é o equipo e a intensidade do seu xogo. Os partidos a domicilio son importates, pero di que o fundamental para o equipo amurallaro pasa por facerse fortes na casa. "Todos podemos dar máis. No vestiario incidimos na resposabilidade de cada un e do necesairo que é que todos estemos moi concentrados. Se analizas os goles son todos por error evitables".
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo