Ó Lugo se lle escapa unha bocanada de aire
O Real Zaragoza vence no Anxo Carro por primeira vez en seis anos (1-2)

Toni Martínez tras errar un disparo / La Liga

Lugo
Ó CD Lugo perde unha oportunidade de ouro para tomar aire, coller impulso, e escapar dos postos de descenso. Ó dominio dos albivermellos non chegou para frear as oportunidades dos maños. O Real Zaragoza rompe a súa xeira no estadio lucense e, tras seis anos sen facelo, vence ós albivermellos para fuxir da queima.
O partido arrincaba con toma e daca entra ambos conxuntos. Igualdade de oportunidades a partes iguais. Antes de chegar ó ecuador da primeira metade de xogo, os pupilos de Monteagudo sacudiron os nervios e tomaron o control do partido. Avisaba o recén chegado Toni Matínez das intencións dos locais, pero foi o capitán o encargado de abrilo marcador. Sete tantos leva anotados o número 5 do equipo. Dende a liña de once metros mimaba ben o balón e colocaba o 1-0 no minutos 23. Ainda que para facelo houbo de lanzalos dúas veces.
Antes de rematala primiera parte, estivo en botas de Matinez, quizáis, a máis clara desta primeira parte para os de Monteagudo. Non estivo fino e non foi quen de rematar só ante o gardameta. E para non perder os costumes, a polémica arbitral, de novo, servida no Anxo Carro. A afección reclamaba unha man dentro da área dun dos maños, mentres que o colexiado dicía o contrario.
Tras unha sucesión de oportunidades para os locais, unha entrada de José Carlos dentro da área colocaba a Álvaro no punto de penalti para poder colocalas táboas antes de que chegasen a súa fin os primeiros coreta e cinco minutos de partido. Pero a puntería do xogador visitante brillou pola súa ausencia, e a pelota marchaba desviada pola esquerda da portería que defende Juan Carlos.
Segundas partes nunca foron boas, e parece que ó CD Lugo aplícase o conto. Pese a teren nas súas botas oportunidades varias coma para colocalo segundo no luminoso lucense, o Real Zaragoza esperta e un acertado Linares saía dende o banco para revolucionalo encontro e colocalo 1-1 no Anxo Carro. Pelexaban os de Monteagudo por facelo segundo. Tete Morente mandaba o palo cun rechace que Manu Barreiro non aproveitou. "El partido ha estado en la ocasión de Manu, que si hubiese entrado habría planteado un escenario absolutamente diferente hasta el final", reflexionaba o míster el rolda de prensa. E asi, o que poodería ser un 2-1, pasou a ser un 1-2 tras un moi atinado Guitián. O xogador acompaaba ó coiro ata o fondo da rede tras un rechace de Juan Carlos.
Esgotaba Monteagudo tódolos cambios, pero sen éxito. Os seus pupilos non o deixaorn de intentar até o final do encontro, pero o Real Zaragoza soubo defendelo resultado que o afasta da zona perigosa e que sitúa ó CD Lugo a un posto dos números vermellos. Agora, di Monteagudo: "Tenemos que solucionar los goles que estamos encajando para poder optar a ganar los partidos".
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo