A derrota en Soria, unha "bofetada" de realidade para recibir ó Zaragoza
O míster pide ós albivermellos "concentración" e "actuar" sobre o que suceda sobre o verde

Monteagudo en rolda de prensa / CD LUGO

Lugo
Coma unha final. Así se agarda en Lugo o encontro entre os albivermellos e o Real Zaragoza. O equipo amurallado ven de enfrontarse a unha semana, canto menos, axitada. Tras colleitar en Numancia a derrota máis abultada do que vai de tempada (3-0), os albivermelos espertaban esta semana coa nova da destitución do Director Depotivo, Emilio Viqueira, e o secretario téncico, José Luis Deus. Con todo, foron varios os xogadores que aseguraban que o baile dos despachos non lles desconcentraba e que nas súas cabezas só existía unha preocupación: A vitoria ante o Real Zaragoza.
O míster, Alberto Monteagudo, agarda ver un Zaragoza ó que lle gusta e goza co balón, pero que se atopa en problemas cando non ten. Destaca o cambio do equipo dende a chegada de Victor Fernández o banco dos maños e subliña a calidade de xogadores coma Pombo, James ou Álvaro, pero cre a derrota en Soria surtirá efecto entre os seus pupilos. "El partido del Numancia es una bofetada. Fue duro perder como perdimos, pero nos sirve para saber que tenemos que salir al mil por mil", argumenta.
O CD Lugo leva xa no seu casilleiro cinco partidos acumulados sen perder no Anxo Carro, onde colleitaron a súa primeira vitoria deste 2019 ante o Rayo Majadahonda (3-2). O míster non desvela o debuxo polo que avogará desta volta. Luis Ruíz será baixa polo que os escenarios a estuda rpoedrían ser varios: Manter a defensa de cinco con Juan Muñiz coma carrilero ou que Gerard Valentín se coloque no lateral dereito á vez que Campabadal xogue a perna cambiada pola banda esquerda.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo