O BNG de Caldas pide a dimisión da conselleira Ethel Vázquez por mentir na xestión dos problemas do Encoro do Umia

El BNG de Caldas pide la dimisión de la conselleira Ethel Vázquez por mentir en la gestión de los problemas del Embalse del Umia
01:36
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Pontevedra
O BNG de Caldas de Reis solicita a dimisión inmediata da conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, por mentir e insultar aos veciños afectados. Segundo apunta o voceiro nacionalista de Caldas, durante unha reunión que mantiveron o Comité de Crise e a conselleira, Vázquez negou que no encoro da Baxe houbese algunha vez toxina.

Encoro de A Baxe a vista de dron / JDrone

Encoro de A Baxe a vista de dron / JDrone
Manuel Fariña compareceu esta mañá na sede do BNG de Pontevedra para dar a coñecer varios informes do ano 2010 onde sí se detectou toxina no río Umia, tanto en Caldas como en Portas, de ahí que solicite a dimisión da conselleira.
Así mesmo, Fariña aproveitou para solicitarlle novamente a Núñez Feijóo que atenda a solicitude que lle fixeron dende o Comité de Crise no mes de setembro para que asuma a súa responsabilidade e tome as medidas necesarias para solventar definitivamente o problema do Umia.