Aparece morta unha balea de gran tamaño na praia de Valarés

Ballena aparecida en Balarés / José Manuel Mira

Ponteceso
Unha balea de gran tamaño apareceu na praia de Valarés. Trátase dun macho de balea común duns 18 metros de longo e de entre 15 e 20 toneladas de peso que varou morto neste areal de Ponteceso. Membros de Protección Civil e persoal do Concello, coordinados polos biólogos do CEMMA, encargáronse de suxeitalo con cordas para evitar que a marea o devolva ao mar mentres estudan como retiralo da praia.
A intención do alcalde, Lois García Carballido, é conservar o esqueleto e espera contar con axuda da Deputación e Xunta. Trátase da segunda balea común que vara esta semana nas praias da Costa da Morte, xunto á cría de 6 metros que apareceu o mércores en Nemiña (Muxía). A pesar da intensa choiva, son centos os curiosos que se achegaron esta mañá a Balarés.