O CD Lugo contará cun novo punto de venta en As Termas
Ambas entidades colaborarán até o vindeiro 5 de xaneiro

Tino Saqués e Esteban Patiño trala sinatura do convenio / CD LUGO

Lugo
Até o vindeiro cinco de xaneiro o CD Lugo contará cun novo punto de venta no centro comercial lucense As Termas. Así ven de acordarse trala sinatura dun novo convenio de colaboración entre ambas entidades. Neste punto de venta provisional, "los aficionados podrán disfrutar de acciones como firmas de autógrafos de sus jugadores preferidos u optar a sorteos de material oficial del conjunto amurallado", explican dende o clube.
A nova CDLugo Store abrirá as súas portas ó público de 17.00 horas a 20.00 horas. Pola súa banda, a tenda da Praza da Bretaña manterá o seu horario habitual e os sábados de Nadal ampliará horario de 10.30 horas a 14.00 horas.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo