A afección clama por Carlos Pita
O capitán foi escollido coma xogador Estrella Galicia do mes por segunda vez consecutiva

Carlos Pita recibe o premio ó Xogador do mes / CD LUGO

Lugo
Carlos Pita segue a se-la debilidade da afección. O capitán, actual pichichi da familia albivermella, ocupa unha praza fixa no carazón dos afeccionados. Un mes máis, o mediocentro ven de facerse co título de xogador Estrella Galicia do mes de outubro. Desputaba o premio con Miguel Vieira e Iriome, pero non hai quen destrone ó coruñés.
Na entrega, Carlos Pita agradeceulle á afecicón o cariño amosado malia estar atravesando uns días afastado do traballo co equipo. Leva unha semana arrastrando molestias nos abdutores, feito que lle impedíu xogar fronte ó Córdoba e que posiblemente lle obrigue a non viaxar cara a Pamplona.
O cinco albivermello asegura que o vestiario está contento e cun plus de confianza tras amarrar eses tres puntos tan necesarios en casa. A liña na que están a traballar, di, é a correcta. Pese a que as sensacións no céspede mudaran cá chegada de Monteagudo, os goles non chegaban, algo que repercutía na moral do equipo e, principalmente, na dos dianteiros "que le dan más vueltas".
Destaca o xogador o igualada que está a División de Prata esta tempada, pero o CD Lugo adoita a saca-la cbeza, en momentos complicados como polos que está a atravesar. Por iso non dubida en que o equipo fará ben os deberes e dará a cara fronte o Osasuna. Un rival " complicado " que todavía non encaixou unha derrota coma local.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo