A ilusión regresa ó vestiario albivermello
O CD Lugo deixa en casa os tres puntos tras derrotar en casa a un Córdoba fallido

O vestiario festexa a vitoria / CD LUGO

Lugo
Desexo cumprido: O Lugo faise forte na casa. O Anxo Carro foi testemuña da primeira vitoria dos albivermellos con Monteagudo ó fronte do equipo. O Córdoba, un rival directo, non lle puxo as cousas fáciles ós locais, pero "los errores cometidos", seguen a impedir que os blanquiverdes abandonen os postos de descenso desta División de Prata.
Arrincaba o partido con dous rivais que apenas pisaban a área contraria, con moito xogo no centro do campo e con imprecisións nos pases. Pouco a pouco os albivermellos fixéronse co ritmo do partido, e o primeiro para o Lugo chegaba no minuto 23 cun penalti que lanzaba Cristian Herrera por unha man de Vallejo. O canario mandou o coiro raso pola esquerda para batela portería que defende Carlos Abad. Viñéronse arriba os pupilos de Monteagudo e cinco minutos despois Iriome acompañaba á pelota, tralo pase de Lazo, cara ó fondo da rede.
O Córdoba intentouno, pero o certo é que os erros a nivel defensivo pasaban factura e ambos conxuntos marchaban ó túnel de vestiarios co 2-0 no marcador. "En el descanso les he dicho que el 2-0 es un resultado peligroso porque te puedes despistar. Si te meten un gol, mentalmente estás más fuerte si eres quien remonta. Me ha pasado como entrenador y como jugador, y de hecho el gol del Córdoba llega muy pronto", explicaba Alberto Monteagudo no remate do encontro.
Na segunda parte o técnico manchego movía ficha. Malagón, tras levar un cabezazo, quedaba no banco e entraba Beranrdo no seu posto. O Córdoba salía moi enchufado e sen deixar de buscalo gol que lles abrise ás portas da remontada. Fixérono con tanta ansia que os dez minutos da segunda metade de xogo, De las Cuevas anotaba o primeiro dos andaluces. O Lugo reaccionaba dando un paso cara atrás, algo que non gustou ó adestrador. "No me ha gustado el hecho de que nos han metido atrás demasiadas veces en la segunda parte. Hemos tenido contras para acabar el partido y no las hemos aprovechado. No me gusta esperar al otro equipo, pero entiendo que aguantar el ritmo los 90 minutos es complicado".
Tivo oportunidade o Códoba de levar un punto de Galicia e tivo a opción o Lugo de teren sentenciado o partido cun par de goles máis. Con estes tres puntos no casilleiro, o equipo da cidade amurallada escala posicións e toma unha lixeira vantaxe sobre os postos de descenso. Pola súa banda, o Córdoba, segue na zona vermella e con Torres sen facelos deberes.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo