Deportes
CD Lugo

"Me ha cambiado el día a día. El míster me da su confianza y tiene mucho trato conmigo", Juan Muñíz

Co cambio de adestrador, o asturiano comeza a colarse nas convocatorias

Juan Muñíz en rolda de prensa / CD Lugo

Juan Muñíz en rolda de prensa

Lugo

Menos de dúas semanas son as que leva Monteagudo coma adestrador do CD Lugo e os cambios non tardaron en facerse notar. Máis aló do xogo, a confección das convocatorias son unha das principais novidades do novo técnico. Juan Muñíz é un deses xogadores ós que o técnico manchego lles está a dar a oportunidade. Sobre o seu cambio de roll dentro do vestiario di que: "Son cosas del fútbol. No es la primeira vez, ni será la última que me pase, pero el nuevo míster me ha cambiado el día a día, me da su confianza y tiene mucho trato conmigo", explica.

Dous partidos baixo ás ordes de Alberto nos que Muñíz xogou os noventa minutos contra o Alcorcón en Copa e trinta no partido fronte ó Reus. "Del partido de Reus no salí contento con mi actuación porque en las jugadas a balón parado, que eran las idelaes para generar peligro, no estuve como me gustaría", lamenta.

O partido do sábado fronte ó Alcorcón preséntase case coma un déjà vu. "Aquí en Copa se vio claramente el estilo del Alcorcón. Son uno de los equipos más en forma de la competición y crean muchas ocasiones. Si están arriba, con los nombres que hay en la categoría es por algo". O obxectivo, asegura Muñíz, está claro: Facer sufrir ós rivais. Ós albivermellos non lles chega o momento de deixar en casa a que sería a terceira vitoria na casa, "es cierto que no estamos acertados de cara al gol, pero más preocupante sería si no generásemos ocasiones. Las ocasiones están ahí y estoy seguro de que pronto los delanteros de calidad que tenemos empezarán a marcar".

Cada fin de semana preséntase coma un novo reto para os pupilos de Monteagudo. Insiste Muñíz en que esta pode ser a tempada na que a Segunda División está máis apretada ca nunca e da que non se poden fiar en absoluto. O Alcorcón postúlase coma un dos rivais máis complicados da División de Prata. No seu casilleiro suman vinte e catro puntos, sete vitorias, tres empates e dúas derrotas. É, ademais, un dos conxuntos que menos goles levan encaixados no que vai de tempada e o seu gardameta, Jiménez, foi o mellor valorado pola Liga durante varias xornadas consecutivas.

 

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00