"Ganar al Joventut nos vendría muy bien moralmente", Salva Arco
O Cafés Candelas Breogán recupera o mércores 24 o partido suspendido polo problema cos videomarcadores

Salva, Norel, Oscar de Toro Andy Obst y Pepe Pozas en La Galiciana / Cadena SER

Lugo
O Cafés Candelas Breogán precisa dunha inxección de moral. Trala derrota no Coliseum de Burgos, o adestrador, Natxo Lezkano recoñecía que ó equipo faltoulle"creer que sí se podía ganar el partido". Erros no plano defensivo e ofensivo que pagaron caros os de Lezkano e que, asegura o técnico, "no se pueden volver a repetir". Dende o banco segue a ver os partido o capitan, Salva Arco. O celeste continúa a recuperarse da súa escordedura de nocello e, alonxado dos adestramentoe e dos partidos, recoñece que a pretempada non foi a máis desexada nin tampouco o está a ser o arranque de Liga. "Nos han tocado deplazamientos complicados como Tenerife o Gran Canaria... está siendo un primer mes dificilísimo. Hay jugadores que no tienen experiencia en la Liga y están apurando, cogiendo ritmo rapidamente", explica.
Catro partidos no que vai de tempada, unha vitoria, na casa fronte ao Movistar Estudiantes, e tres derrotas en pabillón contrario. Á volta da esquina o derbi entreo Cafés Candelas Breogán e o Monbus Obradoiro. "Ganar contra el Joventut nos ayudaría mucho moralmente porque sería dos victorias en casa", afirma o capitán. Ademais, ganas de darlle a afección un espectáculo digno dun derbi galego polo que milleiros de persoas levaban anos agardando. "Creo que va a ser un auténtico partidazo tanto fuera como dentro de la pista".
Agora, a mirada posta no partido fronte ao Joventut. Un encontro que tiña que ser celebrado o pasado 30 de setembro e viuse frustrado polo problema cos videomarcadores. Un partido no que haberá ausencias xustificadas: Jordan non xogará co Breogán nin Harangody no Joventut. O motivo? ningún dos dous pertencían ao equipo cando estaba previsto que se desputase o partido. Tampouco chegará ao encontro Mathias, o escolta estadounidense lesionábase no partido fronte ao Real Madrid.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo