"Enfrentarme al Elche va a ser especial", J.Malagón
A parella que conforma con Vieira está dándolle a defensa máis sólida da tempada ao CD Lugo

Josete Malagón en rolda de prensa / CD Lugo

Lugo
Os albivermellos volven ao traballo para preparar a oitava xornada deste Liga 1,2,3. Mentres Leuko e Borja San Emeterio están en Madrid realizando probas médicas, os pupilos de López non perden nin un só minuto de adestramento. A mirada do cadro albivermello posta xa no partido desta fin de semana contra o Elche. Malia ser un rival que ocupa os últimos postos da táboa, a realidade é que a Segunda División está moi axustada este ano. Un dos deberes que tiña por facer o Lugo no arrinque de tempaa era melloralo plano defensivo. A realidade é que dende que Josete e Vieira conforman a parella de centrais, o Lugo comeza a camiñar cara a conformar unha lata difícil de abrir. "Nosotros entrenamos todos juntos, con Bernardo y con Jose Carlos también. Yo por mi parte lo que hago es trabajar duro para ponérselo complicado al míster y poder contar con minutos en el partido", di.
O do domingo será un encontro especialmente emocionante para Malagón. Unha década a que vivíu no equipo e hai dúas tempadas que xogaba no Elche. "Es bonito enfrentarte a tu tierra. Estará mi familia, mis amigos...va a ser especial. ¿Y mi madre? Mi madre irá con el Lugo", afirma entre risas. O central coñece ben ó rival e considera que a sorte non lle está sorrindo coma merece o xogo do equipo. " La imagen que dan y el juegos que muestran dice mucho y no lo están trasformando el resultado, pero hay que ir con pies de plomo allí", advirte.
O CD Lugo viaxará ao Manuel Martínez tendo claro o seu xogo. "La línea es estar juntitos, saber dónde y cómo hay que apretar. Y luego hacer las cosas bien con el balón, claro".
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo