Leuko, lesionado no tendón de Aquiles
O lateral dereito dos albivermellos marchaba do campo no minuto 35

Leuko estará catro meses de baixa / La Liga

Lugo
Mal de ollo ou bruxería. Sexa o que sexa o certo é que a banda dereita do CD Lugo está gafada. Se tres xogadores para unha mesma posición parecían multitude a comezo de campaña, hoxe esa listaxe queda pequena.A Borja San Emeterio, pendente de pasar por qurófano polos ligamentos do xeonllo, no partido contra o Mallorca, Serge Leuko abandonaba o campo no minuto 35 da primeira parte. O camerunés caía o chan tras intentar controlar un balón. Enseguida solicitaba asistencia médica e, tras un par de minutos tirado no chan, abandonaba polo seu propio pé o céspede.
"Antes de nada, todo lo empaña ahora la lesión de Leuko, ya que es de relevancia. Es el tendón de Aquiles", así arrancaba o míster, Javi López, a rolda de prensa tras o encontro. Malia que toca agardar a probas médicas, todo apunta a que o lateral dereito do conxunto albivermello debera ser intervido e, aló menos, estará catro meses de baixa. Co rostro serio e en muletas, así abandonaba Leuko o Anxo Carro. O vestiario, aseguraba o seu compañeiro Campabadal, está apeando pola situación do xogador e, tras vivir unha lesión complicada nas súas propias carnes, di que: "sé lo que es, le deseamos es una rápida recuperación".
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo