Política | Actualidad

A Escola de Arte Dramática segue reivindicando unha titulación universitaria

O xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, di que os mestres da Escola de Arte Dramática son suficientes, amparándose nun informe de inspección educativa

Pérez Ares si que está de acordo en que a formación académica obtida sexa equiparable a unha titulación universitaria

undefined

Pontevedra

Por segundo día consecutivo, os alumnos e profesores da Escola de Arte Dramática de Galicia mobilizáronse diante da Delegación da Xunta en Pontevedra para reivindicar os seus dereitos. Concretamente piden a equiparación da súa formación acadñemica a unha titulación universitaria, e que se contraten máis docentes para garantir a viabilidade e a calidade dunha Escola que debe ser un referente cultural en Galicia.

Más información

A Escola de Arte Dramática segue reivindicando unha titulación universitaria

02:07

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1537366748_340559/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Despois das conversas entre mestres, sindicatos e Xunta, as posturas non acaban de achegarse. Por unha parte, o xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, está de acordo en que a formación académica obtida sexa equiparable a unha titulación universitaria, pero discrepa en canto a contratación de profesorado, xa que, amparándose nun informe de inspección educativa, entende que o número de docentes é suficiente.

Para os sindicatos, as declaracións de Péres Ares non son máis que simples palabras, e en canto á contratación de profesorado, din que se ampara nun decreto que non pode ser aplicable ao tipo de formación que se exerce na Escola de Arte Dramática.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00