Torneo internacional de fútbol gaélico
O pasado sábado, no Campo Municipal de As Cancelas, en Santiago de Compostela, disputouse un Torneo Internacional de fútbol gaélico feminino, coa participación do Auriense

Durante esta xornada do Torneo Internacional en Santiago de Compostela, o conxunto ourensá, tivo a oportunidade de xogar contra as campionas da liga, Fillas de Breogán de A Coruña, as campionas da copa, Estrela Vermella de Santiago de Compostela, e as cam / Auriense FG

Ourense
Durante toda a xornada do sábado, o conxunto ourensá tivo a oportunidade de xogar contra as campionas de liga (Fillas de Breogán de A Coruña), as campionas de Copa (Estrela Vermella de Santiago de Compostela) e as campionas europeas Belgium Legends.
Unha oportunidade para que as novas incorporcaións se rodaran no xogo, e para poñerse a punto para a nova tempada. Ainda da derrota nos tres encontros, a experiencia certifica o bo momento que está a vivir o fútbol gaélico na nosa comunidade, cun Torneo de altísimo nivel fóra de Irlanda, a cuhna do fútbol gaélico.
Finalmente, victoria das Belgium Legends, nunha xornada con moitísima expectación e siareiras nas gradas do Campo de As Cancelas.
O Auriense retoma hoxe os adestramentos, co inicio tamén da única escola universitaria de Galicia.