Deportes
CD Lugo

O Lugo atasca fronte ó Oviedo

Os de López perden en casa e anotan a súa segunda derrota consecutiva na Liga

CD Lugo-Oviedo / La Liga

CD Lugo-Oviedo

Lugo

Derrota no Anxo Carro. O cadro lucense remata a quinta xornada da Liga 1,2,3 encaixando a súa segunda derrota consecutiva desta División de Prata.  Os albivermellos saíron ao campo algo perdidos, o partido se lle puxo de cara ao Oviedo aos seis minutos cun tanto que anotaba o ex xogador do Lugo, Joselu. Un gol que servíu para descolocar ao equipo local que non era quen de entrar no partido. Erros de precisión nos pases e certa fraxilidade na defensa, pese a incorporación do central portugués, Miguel Vieira, foron os principais puntos febles do Lugo e dos seus primeiros minutos de partido.

Os pupilos de López, reforzados por dentro, comezaron a recuperarse e a coller forzas segundo no reloxo avanzaban os minutos.  No dezaseis estivo o primeiro do Lugo en botas de Herrera que, tras un pase en profundiade de Iriome, remataba dende o punto de penalti para mandar a pelota ao fondo da rede. Antes de que o estadio puidera berrar de felicidade, o colexiado anulaba o gol por un xusto fóra de xogo.

Malia que na segunda parte o Lugo non deixou de buscar a remontada, chegaba a campo contrario máis que na primeira parte, pero non finalizaba as xogadas. O Oviedo non deu tregua e así, con dez minutos xogados nesta segunda metade de partido, Javi Muñoz pega un zapatazo dende o punto de penalti que mina ao Lugo ao colocar o 0-2 no marcador. 

Entre a afección críticas pola ausencia na convocatoria de futbolistas coma Lazo. En rolda de prensa, o míster explicaba que " a toro pasado piensas que igual hubiese sido mejor de otra forma, pero a veces propones una cosa y sale de otra". Descarta, así, calquera sospeita de sobrecarga ou lesión e insiste en que o plantel está moi igualado: "Tenemos posiciones muy igualadas, la diferencia de nuestra plantilla no es tan grande".

Agora, a mirada posta no partido da sexta xornada da Liga contra o Zaragoza, que será o vindeiro sábado día 22, e no obxectivo de deixar a portería a cero.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00