Impresionante remontada do Lugo fronte ao Numancia
A trinta segundos o final, Aburjania anota o 3-2 que lle da a primeira vitoria da tempada ao Lugo

La Liga

Lugo
Quen a segue, a consegue. Increíble remontada dos albivermellos o pasado sábado contra o Numancia. O CD Lugo faise cos seus primeiros tres puntos nesta Liga 1,2,3, e na casa. Os de López tiveron que sufrir e pelexar nun partido difícil no que o conxunto local non deixou de buscar o gol dende o primeiro momento.
Javi López presentou unha alineación moi similar a das xornadas pasadas. O único cambio: a presencia de Dongou. O cambio foi obrigado ante a inesperada baixa de Herrera por un virus estomacal.
Na primeira parte, malia a constante presenza do Lugo na área contraria, o encontro complicoúselle aos de López no minuto 38 de partido. Colga a pelota Alain dende o punto de falta e Atienza remata para anotar o 0-1 no marcador do Anxo Carro. Case sen dar tempo a recompoñerse deste primeiro tanto, dous minutos despois, o propio Alain lle encaixa ao Lugo o segundo tanto. Un segundo gol con polémica incluída. Pois o asistente sinala un fora de xogo de Diamarka que Milla Alvendiz, contradí, e concede o gol.
Tras o descanso, o Lugo sale máis enchuado ao campo. Nada máis arrancar a segunda metade de partido, no minuto 48, un centro perfecto de Kravets lle permite a Iriome mandar a pelota ao fondo da rede. E a partir de aquí todo foi in crescendo. Nas botas de Campillo estivo o empate no minuto 65, tras unha asistencia perfecta de Pita, pero ao Lugo non lle chegaba co empate, o que si firmaba un Numancia con clara fraxilidade defensiva.
Todo cambia coa entrada, no minuto 83 de Aburjania. A falta de trinta segundos para o final do partido, o dianteiro da a volta ao marcador e coloca o 3-2 para os albivermellos. Unha impresionante remontada que evidencia, que "isto é Lugo e que aqui hai que sachar".
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo