Todo preparado para a XIX Feira Franca
250 espazos para comidas particulares, 150 locais de hostalería e 63 postos de artesanía e alimentación. A cidade de Pontevedra está preparada para albergar unha nova edición da Feira Franca coa seguridade como premisa
![Todo preparado para a XIX Feira Franca](https://cadenaser.com/resizer/v2/IKI42ZR6WBPJRHPLDTMBJORU2E.jpg?auth=7199486e9afc7929a22a0bbfbcc6571d1c5164041199e5c5e8e726e006f16b68&quality=70&width=736&height=414&smart=true)
Todo preparado para a XIX Feira Franca
01:51
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Pontevedra
Dende a organización non se atreven a cuantificar o número de asistentes que acoden cada ano á Feira Franca, pero calculan que a cifra supera amplamente as 200.000 persoas. Por este motivo, ponse en marcha un operativo especial onde a coordinación entre as distintas partes implicadas é crucial para garantir a seguridade e funcionalidade de todos os servizos.
O Corpo Nacional de Policía engade ademáis un decálogo cos principais consellos para evitar os roubos durante a Feira Franca. A recomendación máis importante para os comerciantes é prestar especial atención á caixa rexistradora cando varias persoas entren en grupo no local acaparando a atención dos empregados. Por outra banda, o principal consello para os viandantes é que leven os bolsos de man cruzados e pola parte dianteira, ao igual que as billeteiras, sempre nos bolsillos dianteiros. Amecen que de ser víctimas dun roubo ou similar, débese denunciar de inmediato na Comisaría da Policía, aportando o maior número de datos posibles.