SER Deportivos LugoSER Deportivos Lugo
Deportes
CD Lugo

O Lugo consegue o punto que lle permite respirar tranquilo

O extremo andaluz, Lazo, puxo o marcador en tablas no minuto 75 tras un pase de Kravets pola banda esquerda

El Lugo celebra su gol ante el Granada / La Liga

El Lugo celebra su gol ante el Granada

Lugo

O CD Lugo suma o primeiro punto deste inicio de campaña. Un punto que lle da a tranquilidade e a confianza que o equipo necesitaba. O encontro no novo Cármenes foi un partido moi equilibrado. Na primeira parte, o Granada foi quen de xerar máis situacións de perigo, ainda que os dous equipos deron unha primiera metade na que o dominio foi alterno e na que houbo ocasións para ambos. Foi polo minuto 24 canto o Granada se adiantaba no marrcador. Un gol de Antonio Puertas, nunha xogada que él mesmo iniciaba e finalizaba, tras recibir unha impecable asistencia de Fede Vico, pon o marcador nun 1-0 a favor do conxunto nazarí.

Porén, os de Javi López non baixaron os brazos en ningún momento. Sobre o terreo de xogo, os albivermellos demostraron tenacidade. A piques de chegar o descanso, Herrera tivo nas súas botas o empate do Lugo, pero no un contra un con Rui Silva, gardameta do Granada, non foi quen de marcarlo. Tras o descanso, os de Lopez saltaron ao campo con sede de victoria e demostraron paciencia e perseverancia. Herrera, ainda que a xogada foi anulada por foa de xogo, lanza o balón e rebota no pau. Unha falta de puntería que o Lugo ten que mellorar, así coma as tarefas defensivas.

Con todo, no 75, e tras uns acertados cambios no CD Lugo, entra Lazo e, internada pola banda esquerda de Kravets, que pon un balón raso que pasa pola área pequena, chega o lateral o ao segundo pau para bater a Rui Silva.

Deste xeito, o Lugo se fai con ese punto que lle da uns folgos necesarios tras un inicio de campaña complicado. Cunha derrota na casa contra o Málaga.

López mantivo o debuxo do 4-4-2 e non variou, apenas, o 11 inicial co que se estrenou como adestrador do Clube Deportivo Lugo. O único cambio nas filas do técnico catalán foi a incorporación de Campillo no lugar de Muñiz, quen quedou fora da convocatoria por acusar dores musculares.

Así consegue o Lugo o seu primeiro punto na Liga 1,2,3

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00