Sociedad | Actualidad
TURISMO

Quintas xornadas de astronomía no mellor ceo de Galicia

Astro Trevinca 2018, quintas xornadas de astronomía no mellor ceo de Galicia

Presentación na Deputación de Ourense, das xornadas ''AstroTrevica'', que se celebrarán os días 14, 15 e 16 de setembro na Veiga. / Deputación Provincial de Ourense

Presentación na Deputación de Ourense, das xornadas ''AstroTrevica'', que se celebrarán os días 14, 15 e 16 de setembro na Veiga.

Ourense

Baixo o lema '' V xornadas de astronomía no mellor ceo de Galicia'' desenvolverase ''AstroTrevinca 2018'', do 14 ao 16 de setembro, convertendo ao municipio de A Veiga, durante eses días, na capital da astronomía en Galicia. A presentación desta iniciativa tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde da Veiga, Juan Anta; e o coordinador das xornadas,Óscar Blanco.

A Deputación de Ourense colabora con estas xornadas que, coa celebración desta quinta edición, están a converterse '' nun evento de referencia no eido da astronomía en Galicia'', dixo Rosendo Fernández, que destacou do evento que '' non só é unha cita para investigadores e profesionais da materia, senón que tamén está dirixido a todo o público en xeral que este interesado na observación do ceo''. Así mesmo, o vicepresidente do goberno provincial felicitou ao Concello da Veiga por desenvolver '' este tipo de iniciativas que supoñen un pulo para un dos sectores turísticos emerxentes na nosa provincia: o astroturismo''.

Pola súa parte, o alcalde da Veiga dixo que con esta nova edición '' conseguimos consolidar un proxecto estrela'' e destacou que ''o cumio de todo este proxecto que estamos a levar a cabo no eido do astroturismo é a construción do Observatorio Astronómico de Trevinca que comenzará no mes de setembro. Un proxecto que temos perfectamente definido non só que se refire á estrutura senón tamén a súa funcionalidade, porque está pensado para que todo o mundo poida gozar do ceo da Veiga e do seu entorno, ademais de ter unha parte tamén científica''.Así mesmo, Juan Anta sinalou que obxectivo final é lograr que A Veiga sexa '' o referente do turismo rural galego''.

coordinador das xornadas explicou que a primeira edición organizouse con obxectivo de ''darlle máis representación ao que se fai en astronomía en Galicia'' e destacou a idoneidade da Veiga para a observación do ceo '' pola súa baixa contaminación lumínica, pola climatoloxía ao ser onde máis noites e días despexados hai ao ano, e pola súa gran altitude que fai que a atmosfera mostre as súas mellores condicións. E, por último, porque combina moi ben a paisaxe do terreo coa paisaxe do ceo''.

A Veiga, un dos catorce destinos turísticos '' Starlight'' no mundo que conta con esta cerfificación e que converte a Trevinca nun dos mellores lugares do mundo para comtemplar as estrelas, acollerá unha nova edición destas xornadas que serán presentadas do día 14 de setembro, ás 20:00 horas, no edificio do Toural e, posteriormente, ás 22:00horas, terá lugar a observación na Tablilla.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00