Ocio y cultura
TURISMO

Coches clásicos, patrimonio e gastronomía en Xunqueira de Ambía

Coa celebración da terceira concentración de coches antigos de ata 1969, os participantes percorrerán os lugares máis emblemáticos da contorna

Bernardino González, Beatriz Crespo e Rubén Seara, na prsentación, da Terceira Concentración de Coches Clásicos de Xunqueira de Ambía. / Deputación Provincial de Ourense

Bernardino González, Beatriz Crespo e Rubén Seara, na prsentación, da Terceira Concentración de Coches Clásicos de Xunqueira de Ambía.

Ourense

O municipio de Xunqueira de Ambía acollerá este sábado días 18 de agosto, a terceira edición da concentración de coches antigos, unha ruta gastronómica e turística que levará aos participantes a percorrer os lugares máis emblemáticos da controna, '' un evento que a través  do deporte promociona a nosa cultura e a nosa gastronomía'', destacou o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González, na presentación desde evento hoxe no Centro Cultural '' Marcos Valcárcel'', na que estivo acompañado polo concelleiro de Xunqueira de Ambía, Rubén Seara, e pola organizadora do evento, Beatriz Crespo.

O obxectivo deste evento é '' potenciar o turismo como un factor de crecemento económico, a valoración dos recursos turísticos e o fomento do turismo como un instrumento de equilibrio territorial'', explicou Beatriz Crespo, que destacou que esta celebración mostra '' aos amantes dos coches, os atractivos turísticos da zona ''.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00